miércoles, 25 de mayo de 2011

Lotina


http://acandal.blogspot.com/2011/05/lotina-el-enterrador-involuntario.html

Boas Adrián (vouche tratar de ti porque sempre che vin como un rapaz de bó ver, e así tamén fixéronmo saber compañeiros teus).
Voume centrar única e exclusivamente no persoeiro do que falas no teu blogue, Lotina.
Teño que dicir que douche a razón case no 100% do que escribes, pero e que ese 100% xa o viña dicindo eu ano e pico atrás, cando a xente defendía a Lotina e criticábame a min por non confiar nel. Pois ben, tiña os meus motivos ben expostos, e agora, desgraciadamente, estamos onde estamos dándome a razón o tempo.


Penso tamén (sendo sinceiro) que escribes con certo ventaxismo. O escribín no facebook de Coruña Deportiva, e recordo no Pindo que tanto ti como outros compañeiros de profesión (e penso que foron todos, se mal non recordo) defendéstedes eses cambios de alineación/esquema que facía Lotina. Inclusive, un gran profesional como Xurxo Souto dicíame; "hai adestradores que morren coas botas postas", desacreditando a miña crítica (hoxe casi unánime) sobre Lotina.
Por outra banda, non creo que Lotina sexa mala persoa, pero de agora en adiante, vóuno ter como un pésimo profesional. Motivos? xa non só por provocar un descenso con xente coma Aranzubia de porteiro, Lopo e Colotto de centrais, Rubén e Valerón no medio e Adrián arriba, senón por marcharse como o fixo. Ler un comunicado, para o meu ver, esteril. Sen unha bágoa. E dicindo que arría, que tiña a decisión tomada fai tempo. Eu, se teño unha decisión tomada fai tempo, non aguanto unha situación ata o final, non quero nin podo sacrificarme nalgo no que verdadeiramente non estou comprometido porque quero cambiar de aires. Marcho e punto. Pero Lotina non, tivo que aguantar algo que non quería... penoso.
Ah, que se esquencía. Non podes descender no último partido de liga e rematar o partido con só dous cambios, pero en fin.
En fin, non sei se me queda algo no tinteiro, pero bueno.
Unha aperta.

jueves, 3 de marzo de 2011

Radio Neria, facendo vibrar as ondas do mar




Podería falar do que dou a Radio Neria para a Costa da Morte. Podería falar dos persoeiros que por alí pasaron... (Fran Hermida, Marco de Cacane, Roi...) e onde acabaron. Podería abordar os eventos nos que estivo presente (O Casón, finais da Copa da Costa...). Podería falar de mil historias que farían enchernos o peito dun aire orgüioso. Dun aire que ao expirar dixera; EU TAMÉN SON RADIO NERIA. Pero non.
Coñecido é por todos a situación política de Corcubión, así como a de tódolos pobos da Costa da Morte cando falamos de un tema "mancomunado". Nestes intres de crise extrema para a ÚNICA, e repito, ÚNICA radio (e inclusive, medio de comunicación) que é libre. E con libre entendamos arbitrario. Unha radio que expón os feitos sen mollarse a favor duns ou doutros. Unha radio na que traballan "catro pelaghatos". Unha radio que ía crecendo pouco a pouco. A situación está mal, recoñezámolo. Por iso sólo pido que, tras (parece) que a xente abriu os ollos (máis de 700 personas en redes sociais) e din NON ao peche desta lexendaria radio, tómense por fin medidas importantes. Para comezar, invito a tódolos concelleiros de Corcubión para arranxar este problema técnico. Que todos (xunto cos colaboradores da Radio Neria) arrecheguen as mans e traballen polo que semella un dos únicos bens públicos e decentes que existen actualmente. Comecemos por ahí, logo sigamos e expandámonos por toda a Costa da Morte, e que (tal e como sinte a xente) tódolos concellos costimorteños poidan dicir tamén con orgüio; a Radio Neria tamén somos nós. Que todos poidamos dicir sen medo; EU TAMÉN SON RADIO NERIA.

lunes, 15 de noviembre de 2010

Máis pesado que un quilo de caolín na pálpebra.


Pois ben. No seguinte enlace (https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgSiwNRjTYhr3FD_7l737x-3yT72QjD1xwkM_LA46GwSWJSBpNCR9nrybuBnvpspzRpAyvYHpaet_CI6osc7Ir2FFH-ILWbf32_87GAdQMjd5ujxf8wxeRAeFuixdEmpmwst02AUWF1CnI/s1600/Lema+contra+a+plataforma+14+setembro.jpg) o alcalde de Corcubión arremete contra Colectivo en Defensa da Ría de estragar, entre outras cousas, 1.200.000€ de inversión na localidade. Obxectivo, "rexenerar a praia".
Por orde de argumentación do alcalde.

1) Que o 90% da poboación apoiaba dita obra.

Baséaste en que as firmas non son válidas, en que o número de firmas corcubionesas foron tantas... patatín, patatán. Para falar de datos, e de datos exactos, tes que ter unha base empiríca. A poder ser, unha base sólida. Non o simple descarte ou unha regra de tres. Se tan seguro estás de que o 90% da poboación está a favor desta obra, por que non convocaches un referéndum? Dende o Colectivo non se che animou a tal cousa? O socialismo e os demócratas non vos baseades en que o pobo é soberano? Entón por que non se convoca?

2) Intencionalidade política do Colectivo.

Temos algún logotipo? Algún partido político? Apoiamos algunhas cores? Atacamos as túas decisións ou só ista? Sabes ti o que penso eu? Sabes de que cor son? (si é que son dalgunha)...

3) Perda dunha inversión na localidade.

Lástima que perderas a única inversión importante que conseguistes para o concello, pero é que aínda así non-a quero. Sintoo, prefiro 1.200.000 veces máis outras cousas que dito "investimento". A parte dos motivos económicos "postobra" que non me convencen, que, como sempre, están baseados en suposicións.

4) "Oportunidad histórica que dificilmente podrá repetirse...".

Isto é de risa, seguide lendo e veredes o que di xusto debaixo da fotografía: "tarde o temprano tal actuación se llevará a cabo".
¿En que quedamos? Non vou a darche máis cera neste tema porque ti soíño xa o fixestes.

5) Manipulación por parte do Colectivo sobre as cifras.

Sempre se mantivo nas mesmas cifras e posturas. Nembergantes o concello navegou polos mares da incertidume, dende o principio até hoxe. Temas como a cantidade de area, o tipo (que foi dende o caolín, ao estracto de caolín, pasando polo cuarzo, etc, etc, etc.) aos prazos, os beneficios...



6) O beneficio á empresa dos áridos.

Hai moito interese en beneficiar a esta empresa, namentres outras morren e abortan antes de nacer sen que che preocupe moito. É máis, parece que che agrada.

Sen máis deixoo aquí ou tería que crear un blog novo para contestar e aclarar todo este tema da praia.


PD: recordemos a Cee e A Coruña.

Incultura


Lugar: Praza do Concello de Cee.

Pois ben, a seguinte anédocta xa a tivera fai ben de tempo, pouco despois de instalar esa especie de televisión "desinformativa" pero o outro día volveume a pasar, asi que...
Por curiosidade achegueime a dito lugar de "desorientación" cidadán. Ficando nel, a primeira pregunta que me salta é:

- Cee se encuentra en la comarca de: a) Fisterra. b) Costa da Morte c)...

Evidentemente, e tal e como aprendín e ensináronme toda a vida, pulsei en a), ou sexa, na Comarca de Fisterra.



POIS NON!!

Semella que agora vivimos na Comarca da Costa da Morte. Así que anexionamos a Cabana, Camariñas, Carnota, Laxe, Mazaricos, Muxía, Vimianzo e Zas (concellos considerados da Costa da Morte segundo a Asociación Neria, aínda que algún dubidoso).



Non sei quen é o responsable, nin os motivos... pero o que é certo é que este tipo de cousas o que fomentan é a ignorancia, a equivocación e a "insabedoría" sobre nós mesmos e onde vivimos.

martes, 12 de octubre de 2010

Un home, un voto


O outro día nunha clase fixéronnos unha enquisa.

- Como te consideras na vida política?: insignificante, pouco significante, algo significante, moi significante.

40% moi significante. 40% algo significante. 10% pouco significante. 10% insignificante.

Pois ben, debate. Hai que escoitar de todo, como non... Que se as persoas que se consideran insignificantes son uns desideoloxizados... que si isto, que si o outro.
Nembergantes, eu, como votante desta enquisa declaro públicamente que non vou votar nas próximas eleccións. Por qué? Éche ben sinxelo, considérome insignificante na vida política. Esta decisión xa a tiña tomada dende fai ben de tempo, non pensedes que foi a raíz desta enquisa, que de pouco me servíu (a non ser para descubrir que o 60% das rapazas da clase consideran á democracia cooperación e rivalidade á vez... xa me diredes vos...).

Son insignificante, porque como ben apuntaba un compañeiro de clase son un entre nonseicantos millóns de votantes, así que non me fagan crer a min que o meu voto importa.
Son insignificante, porque ata no meu pobo, que non chega aos 1.800 habitantes, o goberno quere facer unha praia artificial a costas da poboación e do seu rexeitamento.
Son insignificante, porque cando falo con algún político apunta na axenda o que lle propoño, a partires de aí penso que tira a axenda porque nunca se fai nada.
Son insignificante, porque nesta "democracia" nunca se convocan referéndums (que, recordemos, é o máis democratico que existe, ou polo menos o que máis se lle achega).
Son insignificante, porque hai mil exemplos históricos e presentes do pasotismo total e absoluto por parte da clase política ante a opinión da cidadanía.
Son pouco significante, porque soamentes o Estado diríxeseme cando teño que pagar algo.
E son moi significante, porque "O teu voto vale", "O teu voto conta", "Un home, un voto"...

viernes, 20 de agosto de 2010

"Nuevo Amanecer"


Segundo datos ofrecidos por varios medios de manipulacion estipulase que nos 7 anos e 5 meses de guerra en Irak morreron 4.733 militares e 106.071 civis; e dicir, por cada soldado morto, morreron entre 22 e 23 persoas inocentes.
Todo o mundo recorda a invasion de Estados Unidos, xunto co apoio de paises como Inglaterra, Portugal ou España. O motivo, armas de destruccion masiva. Sigamos recordando que posteriormente Bush recoñecera que non existian tales armas (cousa que non fixeron outros presidentes de goberno).
Agora o "Premio Nobel da Paz" e presidente do goberno estadounidense decidiu retirar as tropas; deixando aproximadamente 50.000 soldados para formar un exercito propio iraki.
Seica os talibans son os culpables de toda esta desfeita; atentados, asasinatos... Pero o certo e: quen non loitaria ante a invasion da sua propia terra? Quen non formaria un exercito en contra dos invasores?
Outro dos problemas que se declaran nos musulmans e a sua ferrea conviccion relixiosa. Que os atentados non son pola guerra, senon polo Coran... Pero imos ver, que relixion non e fanatica? Mesmo aqui en España, cando o Rocio de Sevilla sae a rua andan a golpes as persoas para so podela tocar; e que iso non e fanatismo? Non e fanatismo as tribus africanas coas suas crenzas de sacrificios e de mais?
Por que tanto empeño en "meterlle a man" aos asiaticos occidentais?
O certo e que en principio comeza unha nova era en Irak, un "Nuevo amanecer" como lle acuñou Estados Unidos. Veremos finalmente se e unha colonia do novo imperialismo capitalista ou se se manteñen os valores propios do pobo e consiguen expulsalo "exercito" iraki creado polos estadounidenses.

Por certo, recomendovos (falando do tema) ver a pelicula de Paul Greengrass, protagonizada por Matt Damon, GREEN ZONE. Marabillosa a escea final.

jueves, 12 de agosto de 2010

Os grandes españois da dereita reconvertidos en chinos comunistas


Antes de nada dicir que gocei dunhas vacacions maravillosas e tomeime a liberdade de non escribir nada durante un mes enteiro.
Pero de "volta ao choio" vouvos presentar unha historia bastante peculiar sobre os grandes medios españolistas. Estou a falar de Intereconomia (ainda que tamen eche aplicable a Marca, El Pais, El Mundo...; pero prefiro centrarme en La Gaceta polo seu afan españolista).
No xornal de Intereconomia, La Gaceta, sacaron unha promocion para que os seus lectores adquiriran unha sombrilla de praia. Dita sombrilla e de El Gato al agua (si, ese programa onde "criticaron levemente" dacordo coa "liberdade de expresion" a conselleira catalana Geli).
Pois ben, ate aqui todo normal, tes que cubrir uns cupons... tes que pagar tanto o dia da recollida... as caracteristicas (que veñen moi clariñas en todolos lados) son estas... Pero o sorprendente de todo este asunto e que os grandes defensores da España UNA GRANDE Y LIBRE, aos que tanto lle sobran os inmigrantes, que a culpa da crise a ten o socialismo, que aman a bandeira española co pichon sobre todalas cousas non especificaran en ditas caracteristicas onde estaba fabricada ditas sombrillas. Sabedes por que? Porque estan fabricadas en CHINA!!!! SI, ese imperio comunista que esta a tumbar o mundo coa sua vision totalmente erronea da sociedade. Pois foi alo onde se fabricaron ditos parasois.
Sen mais, o resto deixovolo a vos.

domingo, 11 de julio de 2010

jueves, 1 de julio de 2010

Vestimentas



Escoitei ao longo da miña vida iso que di; "mira como vai ese", "que pintas leva", etc.
Pois ben, xa non quero a entrar a valorar a forma de vestir de cada individuo pola rua, xa que pareceme do mais ruin e penoso.
Exemplos como que o concello de Barcelona prohiba a todolos cidadans, xa sexan barceloneses ou turistas, a non poderen andares en bañador e chanclas pola rua; ou que o Excelentisimo presidente do Congreso dos deputados quixera prohibirlle a entrada no Congreso (que e un edificio publico) a todo aquel que vestira dunha maneira "indecorosa" dan bastante para cavilar.
Pois ben, a min podeme ou non gustar que anden en bañador polas ruas, pero o que non se pode facer e obligarlle a xente a vestir de determinada maneira, e moito menos nas ruas publicas de Barcelona ou no edificio publico do Congreso. Por que teñen os cidadans barceloneses que vestiren de vaqueiros un dia de 30º cando veñen da praia? Por que os xornalistas e ointes dos plenos do Congreso (e mesmo os politicos) teñen que vestir de traxe e corbata? Quen e o alcalde de Barcelona e Bono para decidir como teñen que andar os cidadans ou traballar os xornalistas? E que eles marcan a moda deste estado? E que a democracia non abarca todalas maneiras de vestir, ao igual que abarca ideoloxias fascistas, dereita, centro e esquerda? E que unha persoa que viste chandal, bañador ou vaqueiros non pode entrar en sitios "formais"? Donde esta esa liberdade que sempre se predica na democracia? Quen e un para dicir que viste mal o outro? E un mais que outro por vestir 2000 € mais caro? Ten mellor ollo para a vestimenta?
Cando estes personaxes, ao igual que moitos outros, se dignen a contestar seriamente a estas preguntas sen dar un punto de vista subxetivo sobre a moda; ahi e cando comezaremos a valorar as "pintas" de cada un.
A proposito, a mafia, os politicos corruptos, os grandes peixes gordos que explotan ao traballador, etc, que visten? "Ah!, pero se todos visten traxe!. Ainda asi, vamos a crelos e damoslle outra oportunidade".
E para finalizar; ti eres a mesma persoa con bañador que con traxe ou con chandal? Ou mudas de personalidade?

lunes, 21 de junio de 2010

A reválida selecta


Disque a reválida era moi dura. Disque estaba mal pensada. Disque nunca houbo peor invento na historia da educación. Disque era moita presión para o alumno...
Disque a selectividade é boa. Disque sirve para destacar aos "bos" (pero tamén aos "malos"). Disque demostra quen realmente aprendiu nos anos do bacharelato...
Evidentemente; 5 ou 7 exames en 3 días avalían todo un ano. Evidentemente; unha persoa que saca boas notas ten que ser á forza un bo médico (entrando en tópicos), e unha persoa que saca malas notas está destinada a carreiras "pequenas" ou, o que é moitísimo mellor, un ciclo superior daquelo que non puido estudar por non pasaren a Gran Proba, que total, "como é o mesmo".
Por que entón non prohibirlle a entrada nas carreiras "pequenas" a aquelas persoas "boas"? Non malgastémolo gran cerebro que demostrou ter na Gran Proba! Como podemos consentir que un 8 vaia a ADE e non a unha enxeñería? Un 9 en filoloxía galega e non en teleco? Nooooooon!! Que maneira de desaproveitar materia gris, filoloxía... ADE...
"Puidendo facer algo máis, vai e métese niso. Co ben que podía vivir se fixera iso."
Pois ben, non tapémolo ao lobo con fieitas, a selectividade é outro método exclusivo e de carácter competitivo. Se realmente os estados, os gobernos, os políticos, os colexios, as universidades, as empresas, etc. confiaran na xuventude como o futuro; por que limitar as prazas a unha carreira? Por que ter que pasar 7 exames en 3 días logo de cursar 2 anos preparándote para a universidade? Por que impulsar o adquirimento do coñecer cara fins únicamente laborais?
" Somos muy progres, y por eso quitamos la reválida". Pero a verdade é que todo é o mesmo, con diferente nome, pero o mesmo. Repito, non tapémolo lobo con fieitas.

martes, 1 de junio de 2010

Estatut e o Constitucional


Dende fai xa ven de tempo temos escoitado o tema do Estatut catalan. Se e inconstitucional, se non, se pode sair adiante, se hai que remodelar algun punto... En fin, que nin vai nin ven basicamente porque o Tribunal Constitucional non se decanta por unha sentenza firme.
Ante esta disxuntiva, o presidente da Generalitat reclama unha renovacion de dito tribunal. Isto supon, como non, discusion no estado.
Pois ben. COMO E POSIBLE que nun estado que se tilda de "democratico" non houbera consulta algunha sobre a carta magna durante mais de 30 anos? COMO E POSIBLE que un rapaz de 19 anos coma min non poida decidir se este documento e valido ou non para os meus tempos? E o mais importante, COMO E POSIBLE que os membros deste tribunal sexan basicamente homes do neanderthal xudicial sen opcion case a relevo?
Non estou a agradecerlle a Montilla o seu proxecto de limpeza do constitucional, mais que nada, porque o fai dunha forma interesada.
Estou indignado basicamente porque ninguen se preocupou de renovar un organo que esta a quedar nas cavernas xudiciais ate estes momentos, e repito pasaron mais de 30 anos.
Este, ao igual que outros moitos erros da "democracia" na que vivimos deben ser paliados. Pero, o mais triste do asunto e que a clase politica non ten intencion ningunha de mellorar aspectos como estes (sobre todo a ultradereita, ou a mal denominada dereita española).
O Estatut? quizais dentro de outros 30 anos se saiba algo mais relevante.

martes, 25 de mayo de 2010

Lost - The end


Finalizou. Xa esta, logo de 6 tempadas rematou unha das mellores series televisivas que vin na miña vida. Esceario logradisimo. Gran argumento. Moitos protagonistas e sen descuidar a ningun dos principais. Misterio. Ciencia. Relixion. Fe. E poderia seguir.
Nembergantes, o final da serie... o final da serie... en fin, nada.
Podes sacar un as da manga como fixeron co faro de Jacob, ou coa estatua xigante que parte por culpa dun barco de madeira (que resulta salir perfectamente do accidente) (capitulo de Alpert)...
Pero non podes sacar un as da manga asi, sen mais, introducindo unha fonte maxica nos 3 ultimos capitulos. Os guionistas, pola miña parte moi mal na resolucion da serie. Buscaron a saida mais facil, todos mortos e unha fonte maxica.
Se estaban todos mortos... mal. Ate seria mais gracioso que fora un soño de Resines.
Conclusion; agora toca ver Fringe, ou The Big Bang Theory, ou Boston Legal, ou Californication, ou How I met your mother. A ver se teñen un final mellor.

martes, 13 de abril de 2010

CR: "mira que mono".


http://www.marca.com/2010/03/30/futbol/equipos/real_madrid/1269951888.html


"Mira que mono". Si, que mono de feria!
Logo doutra derrota ante o Barcelona, ante Messi, Xavi, Iniesta, Puyol... semella que segue a considerarse o millor xogador de futbol actual. Pero bueno, ao que ia.

Foto! Foto! Foto!. Si, isto e no que pensa este portugues mentras xoga. Pero o peor non e iso, nin que os fotografos lle saquen ditas instantaneas (e o seu traballo). A primeira culpa e nosa por ler este tipo de cousas. Nembergantes, os principais culpables son os medios de comunicacion, e o gran exemplo e Marca (diario "deportivo" con mais tirada no estado español).
Diganme, sen ter o titulo de xornalismo, se este a unha nova para un xornal deportivo.
Diganme, sen ter o titulo de xornalismo, se mostran unha fonte fiable nesta nova.
Diganme, sen ter o titulo de xornalismo, ...
Pena de que as revistas do corazon non analicen os partidos e publiquen novas deportivas de interes. Polo menos leriamos algunha nova deportiva...

jueves, 8 de abril de 2010

Intereconomia e a corrupcion politica


http://www.intereconomia.com/programa/mas-se-perdio-cuba/corrupcion-politica-mas-se-perdio-cuba

Un video de 02:46 minutos de corrupcion politica segundo Intereconomia. Vexan, vexan e veran.
Vistelo non?

1. "Si le pusieramos un "chirimbolo" al mapa corrupto de España". Si, chirimbolo tes ti na cabeza.
2. Curioso ver como enlaza o titulo de corrupcion politica co do xuiz Garzon sen apenas tocala Trama Gurtel.
3. Detallazo por parte de Intereconomia de sacar a Garzon coa roupa de xuiz na cal parece un debuxo animado dun raparigo pedindo un caramelo.
4."Que ganado judicial". Ti si que es un ganado mediatico.
5. "la economia esta en punto muerto, o mejor dicho, en muerto y punto. Que es mucho peor que estar en punto muerto". Gran xogo de palabras. Si señor como se nota a tua profesionalidade. Pero douche un consello, se deberas consideras persoas cultas aos teus seguidores, non fagas a aclaracion do chiste, anda. Faino; se o collen, noraboa (que non e tan dificil, pero bueno...). E se non-o collen... pois si, tes un publico ben selecto meu filliño.
6. Eu non confio na "fenomenal intuicion de Zapatero", pero moito menos confio en ti e no teu sequito de resentidos fascistas.
7. Novo detallazo despois do de Elena Salgado. Ese "PUFF". Marabilloso.
8. Presumen de democracia e libertade de expresion. Curioso como critican a xente pola sua forma de vestir. Exemplo; as fillas "GORE???" ou "GOTICAS?". Aclarate bobito. Eu non son nin "gore" nin "gotico" pero tampouco son quen de criticar a esa xente por vestir como viste. Se este señor crese na potestade de facelo, pois eu tamen me creo na potestade de definilo como "peixe gordo enfarlopado que pasa da familia para ir de putas mulatas as que mima muito dentro da cama pra non quedar mal e logo pide a sua repatriacion". Si, eu penso iso de ti por solo a tua vestimenta.
9. De novo gran chiste o de Sarkozy e a Merkel. Por favor, esmerate un pouco mais nos chistes ou non-os contes.
10. Pero tranquilos todos, que ante todo este mal que esta a vivir España estamos nos, "los españoles" (LA GRAN SECTA). A ver, en que quedamos. Somos todos españois ou solo vos? se vos considerades os grandes españois de España, non alcanzo a concebir como non se quere darlle a opcion da independencia aos que "no son españoles".

Non sei vos, pero eu non escoitei ningun argumento nin solido, nin xustificable, nin nada. Viva Intereconomia, viva os medios de manipulacion (perdon, de comunicacion), e viva a liberdade de expresion.

PD: lede os comentarios, non teñen desperdicio. Sobre todo aquel que di que Camps & Company fixeron ven en levar cartos pra casa, que traballaron muito pra iso.

domingo, 28 de marzo de 2010

Recordo a TVG de Fraga


Pois apeteceme contar unha pequena historia persoal.
Si, recordoume, asi, sen mais.
Se non erro estaba eu en 5º ou 6º de Primaria, ou sexa, tiña sobre 10 ou 11 anos.
Pois ben, dende a TVG convidouse a nosa escola (o grandisimo CEIP Praia de Quenxe) a participar no programa "A Repanocha" presentado por Tucho (Sindo en Padre Casares). Todos encantados.
Fixeramos un pequeno casting entre nos pra ver quen deberia de ir ao programa representando a nosa clase. O resto do grupo eran escollidos nas clases superiores a nosa. Nese casting saira eu elixido. A verdade non e que fora eu o millor, pero estaba encaixado dentro do grupo maioritario da clase, os homes. Evidentemente a miña "contrincante" era muller. De ahi que obtivese maior numero de votos.
Pois ben, chegado o derradeiro dia entraramos no estudio cas nosas chuletiñas de chistes. STOP. Unha muller de negro.
- Hola, deixasme ver a chuleta?
- Si, toma. (dinlla)
E lendo un a un os chistes ali anotados reparou nun que dicia:

"Chega o home a casa e dille a muller:
- Manolo, frioche uns ovos?
E el respostoulle:
- E por que non che frio eu a ti as tetas?"

Fin do chiste.

Volve cara min a muller de negro. NOOOOON, acabarame de dicir que non podia contar ese chiste!!!

O mellor era moi forte, que un rapaz diga tetas na television. PUFF QUE BARBARIE!!!
Pois conto isto como anecdota, que cada un saque as suas conclusions.
E por certo, ainda non me vin nese programa porque dixeronme un dia, e resultou que nin ese dia nin nos tres seguintes...

jueves, 25 de marzo de 2010

Radio Neria vs Intereconomia

Seica o grupo "Intereconomia Corporacion" ten pensado extender as suas ondas de radio polo estado enteiro. Como non, na nosa terriña tamen estamos incluidos. Tendo en conta, que non pode seguir creando radios propias, "Intereconomia Corporacion" tenta facerse co control das radios municipais e asi poder privatizalas.
Pois ben, eu, Xabier Gonzalez Lopez, membro fundador da asociacion da Radio Neria, e parte da sua directiva co papel de secretario rexeito de inmediato esta proposta.
Esta radio local conta cun bo feixe de colaboradores, todos eles traballan gratuitamente para aprender pasandoo ben. Cabe dicir que fan un sevicio a comunidade.
Con esta "fusion" de radios, en primeiro lugar, trocariase o nome de Radio Neria polo de Intereconomia. En segundo lugar, os espazos dos colaboradores quedarian reducidos a horarios infimos e absurdos. En terceiro lugar, e porque non, non me gustaria ter que aguantar a catro vellos fascistas cabreados porque non se inspira aire franquista na nosa sociedade.
Sinceiramente chegoume con ter que escoitar que os que defenden ao galego, nesta canle denominenselles masons, independentistas, "destructores do castelan" e en contra do bilinguismo. (http://www.youtube.com/watch?v=NZZRmvlKHAo&feature=player_embedded) como para telos de veciños ou compañeiros de "traballo".
A diversidade fainos ricos. "Intereconomia Corporacion" aboga polo monoteismo relixioso, politico e cultural. Non podemos deixar en mans alleas unha das unicas cousas que temos de noso, que e unha responsabilidade nosa, que nos somos o que a coidamos, que nos aprendemos gracias a ela, que nos facemos radio a nosa maneira...
"Intereconomia Corporacion" tenta privatizar unha radio local. Unha radio publica. Unha radio de todos. Unha radio que serviu de salto profesional a moita xente (recordamos a Fran Hermida, Marco de Cacane ou mesmo Formoso).
Conclusion: NON ROTUNDO A ESTA "FUSION".

domingo, 7 de marzo de 2010

Rosa, esa gran flor con muitas espiñas. (II)

Casualidade, enlazaronme a direccion do teu blog, e, porque non, lino.
Estiven a punto de contestarche, pero de repente... hai que estar rexistrado!!
Pois ben, moita democracia demostras. Eu pensaba que eras como Goebbels, un publicista fascista que tenta sacar unha verdade a partir de repetir 100 veces unha mentira.
Pero non, eso non che vale. Eres mais da escola da Gestapo, controlar para fichar, e posteriormente cando (ilusa de ti) chegues ao poder, culpabilizar e castigar aos teus contrarios e agradecer e compensar aos teus lacallos.
Presume de democracia, presume.

sábado, 6 de marzo de 2010

A historia dun desertor

Non sei moi ben por onde comenzar este escrito pero alá vou. Cronolóxicamente.
Era a pretempada do ano 2009-2010, estaba entre dous equipos, o Pereiriña e o da miña casa, o Corcubión. Tralo intento definitivo do adestrador do Pereiriña de ficharme, falei co "adestrador" do Corcubión para coñecer as súas intencións. As súas verbas foron que contaba comigo. Este feito, máis a posterior conversa cun directivo do Corcubión convencéndome para que quedase. Que onde ía estar mellor que na casa, cos meus amigos... Decidín quedar. Ao final as cores son as cores.
Dado estas premisas, comecei a adestrar.
A liga empezou e eu sabía que non ía a xogar moito, recoñezo que a miña pretempada non estivo ao nivel. Era xusto. Máis así, fun 2 de 3 adestramentos semanais sempre. O outro perdíao por outro compromiso máis importante. Fun conseguindo facerme un oco no equipo. Creo que merecido. Máis por chegar tarde un día ao partido non se me deu roupa de xogo (hai que ter en conta que a semana anterior outro membro do plantel fixera igual, e a posterior outro diferente tamén). A semana seguinte fun os 3 días a adestrar para demostrar que non foi xusto. A miña sorpresa e que no partido seguinte só xoguei 10 min. Evidentemente, posteriormente fun a adestrar só o venres, coa miña conseguinte saída da convocatoria. Foi nese intre no que tomei a decisión de non xogar máis as ordes de ese "adestrador".
Tentei fichar polo Pereiriña pero foi imposible pola cantidade de partidos xogados con outro equipo da mesma liga.
Voltei a adestrar en Corcubión por varios motivos. Un deles é porque pediumo dito directivo, outro, por non perder muito a forma. Vamos, adestrar por adestrar, como os veteráns, ou os amigos que non teñen que facer ese día.
Pois ben, chegamos ao punto álxido da cuestión que quero tratar.
Venres 5 de marzo de 2010. Adestramento no cal o "adestrador" do Corcubión comunica ao plantel que non pode contar cos xuvenís porque se lle negaron a xogar.
Comeza o "quecemento" (vamos, correr sen máis) e falamos do tema. Que si os xuvenís están obrigados a ir cos senior, que si a decisión final recae sobre eles... Argumentos varios, que ao meu entender todos son válidos. Pois volvendo ao conto, estaba eu falando cun amigo da cuestión, mostrando as nosas diferencias, de puta madre, con total tranquilidade. Logo comecei a falar con outra persoa do mesmo tema... e de repente... o "adestrador" fálame.
- Aínda teras máis que dicir ti oh? daráslle a razón (aos xuvenís)?
- Pois si, son os meus amigos, claro.
- Pois ti non tes nada que dicir... porque... porque ti o que eres e... eres un payaso!
- En primeiro lugar, eu a ti non che insultei. En segundo lugar... (interrúmpeme)
- Pois eu a ti si! Porque eres un payaso! porque deixastes ao equipo plantado. Porque...
Unha serie de cousas que a verdade de pouco me acordo, pouco lle atendín ao que dicía. Era algo así como un destes "payasos" de Telecinco. Ladrando sen parar.
Pois ben, esta foi a situación, creo que contada dende un punto de vista bastante obxectivo. Se non e así, por favor discutídemo.
Pois ben, logo de introducirvos no tema, estou aquí disposto a derrubar os supostos "argumentos" que emprega este "adestrador" contra min.

1) Se contas cunha persoa, conta con ela.
2) Dis que non adestraba como querías. Polo menos ía a adestrar. E se non foras a ducharte antes de que rematara os adestramentos, verías a xente de aspecto defensivo berrando nas pachangas do martes - Pasádema a min que son o mellor, son o dianteiro estrela!!-. Supoño que ese(s) si que adestra(n) como dios manda.
3) Os adestramentos que fas, que son cómo para facerche caso. Correr, balón e a xogar como vos dea a gana. Si señor. Ah, que saibas que fuches o 1º "adestrador" de fútbol que vin na miña vida que dirixira un adestramento enteiro sen balón. Repito, si señor.
4) Creo que, se non recordo mal, son "o último da fila, nin eso". Pois ben, o tempo o dirá.
5) Nunca che insultei, podo criticar, e fareino, as túas formas de facelas cousas. Pero nunca che insultei. Detalles como este din moito do tipo de persoa que eres.
6) Gran "Adestrador", que saibas que todo exercicio non e bo para o corpo. Hainos bos e malos. A túa teima das cuclillas a min, non sei ao resto, dóeme. Terén uns xeonllos febles ou o que sexa, pero o caso e que dóenme. Se me obrigas a facelo, evidentemente vas a obter un non por resposta.
7) Ti presumes de non cobrar por facer isto. Polo tanto, non exisas o nivel aos xogadores que exises, simplemente, e por si non o sabías, porque tampouco cobramos, vamos, cobran.
8) Se realmente cres que son un terrorista de equipo, por qué sigo falando co plantel sen problema ningún? Por qué sigo falando coa directiva sen problema ningún?
9) Si, fun as cenas logo de dicir que non pertencía ao equipo. Pero antes de falar documéntate. Primeiro, invitáronme, segundo, falei coa grande maioría do plantel e animáronme a ir. Eu ao principio non estaba disposto a ir. Ah, e verdade... agora recordo... tamén había xente sen ser do equipo nas cenas... curioso.
10) Se pensas que a culpa foi totalmente miña, pensa un pouco. Cavila oh, cavila. Ou non recordas que xa fomos 4 xogadores os que marchamos? Un deles fichado por ti, e outro da túa total confianza?

Como diría algún, "muito rollo chabalito"

Quero deixalo aquí.

Por favor, eu SI estou disposto a falar, se queredes comentarme algo, dicirme que non teño razón nalgo, ou calqueira cousa, por favor. Eu SI contestarei con educación, e eu NON terei rancor a ninguén que se me opoña.

domingo, 28 de febrero de 2010

Rosa, esa gran flor con muitas espiñas.

Non hai mellor título que o de este blog para definir a este prototipo de politiquilla mediática. "Muito rollo, bobita"; diría algún acertadamente.
Galegos ou españois? tontos ou listos?...
Son muitas as preguntas que me veñen á cabeza logo de escoitar boa parte da entrevista, e en concreto logo de oír a súa frase máis famosa. Se nos ofendemos, é que somos uns nacionalistas acérrimos que non lle queremos ben a España; vamos, uns terroristas antiestado. E se non nos ofendéramos, simplemente daríamoslle a razón.
Se os galegos temos para ti ese significado, agora, que tanto presumes de democracia e tolerancia, escóitanos. Somos nós os que vamos a dicir o que nos pareces:
1) Española en el sentido más peyorativo de la palabra.
2) Politiquilla de medios.
3) Fascista.
4) Segundona de todos.
5) Insatisfeita sexualmente falando.
6) Friki.
7) Analfabeta e ignorante.
8) Monstro escupe-merda cando fala.
9) Intolerante.
10) Cambia camisolas.
11) En resumen. NINGUÉN.