viernes, 20 de agosto de 2010

"Nuevo Amanecer"


Segundo datos ofrecidos por varios medios de manipulacion estipulase que nos 7 anos e 5 meses de guerra en Irak morreron 4.733 militares e 106.071 civis; e dicir, por cada soldado morto, morreron entre 22 e 23 persoas inocentes.
Todo o mundo recorda a invasion de Estados Unidos, xunto co apoio de paises como Inglaterra, Portugal ou España. O motivo, armas de destruccion masiva. Sigamos recordando que posteriormente Bush recoñecera que non existian tales armas (cousa que non fixeron outros presidentes de goberno).
Agora o "Premio Nobel da Paz" e presidente do goberno estadounidense decidiu retirar as tropas; deixando aproximadamente 50.000 soldados para formar un exercito propio iraki.
Seica os talibans son os culpables de toda esta desfeita; atentados, asasinatos... Pero o certo e: quen non loitaria ante a invasion da sua propia terra? Quen non formaria un exercito en contra dos invasores?
Outro dos problemas que se declaran nos musulmans e a sua ferrea conviccion relixiosa. Que os atentados non son pola guerra, senon polo Coran... Pero imos ver, que relixion non e fanatica? Mesmo aqui en España, cando o Rocio de Sevilla sae a rua andan a golpes as persoas para so podela tocar; e que iso non e fanatismo? Non e fanatismo as tribus africanas coas suas crenzas de sacrificios e de mais?
Por que tanto empeño en "meterlle a man" aos asiaticos occidentais?
O certo e que en principio comeza unha nova era en Irak, un "Nuevo amanecer" como lle acuñou Estados Unidos. Veremos finalmente se e unha colonia do novo imperialismo capitalista ou se se manteñen os valores propios do pobo e consiguen expulsalo "exercito" iraki creado polos estadounidenses.

Por certo, recomendovos (falando do tema) ver a pelicula de Paul Greengrass, protagonizada por Matt Damon, GREEN ZONE. Marabillosa a escea final.

3 comentarios:

  1. http://contador-de-visitas.com/

    para el contador de visitas funciona bien

    ResponderEliminar
  2. Aos talibáns hai que aplicarlle a seguinte receta: corpo a un lado e cabeza ao outro.

    ResponderEliminar
  3. E quen son realmente os talibans: os que atentan "ilegalmente" ou os que invaden "legalmente".
    Toda violencia e asasinatos son indignos da raza humana, pero facer distincions entre uns e outros cando todos estan metidos no allo...

    ResponderEliminar