jueves, 3 de marzo de 2011

Radio Neria, facendo vibrar as ondas do mar




Podería falar do que dou a Radio Neria para a Costa da Morte. Podería falar dos persoeiros que por alí pasaron... (Fran Hermida, Marco de Cacane, Roi...) e onde acabaron. Podería abordar os eventos nos que estivo presente (O Casón, finais da Copa da Costa...). Podería falar de mil historias que farían enchernos o peito dun aire orgüioso. Dun aire que ao expirar dixera; EU TAMÉN SON RADIO NERIA. Pero non.
Coñecido é por todos a situación política de Corcubión, así como a de tódolos pobos da Costa da Morte cando falamos de un tema "mancomunado". Nestes intres de crise extrema para a ÚNICA, e repito, ÚNICA radio (e inclusive, medio de comunicación) que é libre. E con libre entendamos arbitrario. Unha radio que expón os feitos sen mollarse a favor duns ou doutros. Unha radio na que traballan "catro pelaghatos". Unha radio que ía crecendo pouco a pouco. A situación está mal, recoñezámolo. Por iso sólo pido que, tras (parece) que a xente abriu os ollos (máis de 700 personas en redes sociais) e din NON ao peche desta lexendaria radio, tómense por fin medidas importantes. Para comezar, invito a tódolos concelleiros de Corcubión para arranxar este problema técnico. Que todos (xunto cos colaboradores da Radio Neria) arrecheguen as mans e traballen polo que semella un dos únicos bens públicos e decentes que existen actualmente. Comecemos por ahí, logo sigamos e expandámonos por toda a Costa da Morte, e que (tal e como sinte a xente) tódolos concellos costimorteños poidan dicir tamén con orgüio; a Radio Neria tamén somos nós. Que todos poidamos dicir sen medo; EU TAMÉN SON RADIO NERIA.