miércoles, 25 de mayo de 2011

Lotina


http://acandal.blogspot.com/2011/05/lotina-el-enterrador-involuntario.html

Boas Adrián (vouche tratar de ti porque sempre che vin como un rapaz de bó ver, e así tamén fixéronmo saber compañeiros teus).
Voume centrar única e exclusivamente no persoeiro do que falas no teu blogue, Lotina.
Teño que dicir que douche a razón case no 100% do que escribes, pero e que ese 100% xa o viña dicindo eu ano e pico atrás, cando a xente defendía a Lotina e criticábame a min por non confiar nel. Pois ben, tiña os meus motivos ben expostos, e agora, desgraciadamente, estamos onde estamos dándome a razón o tempo.


Penso tamén (sendo sinceiro) que escribes con certo ventaxismo. O escribín no facebook de Coruña Deportiva, e recordo no Pindo que tanto ti como outros compañeiros de profesión (e penso que foron todos, se mal non recordo) defendéstedes eses cambios de alineación/esquema que facía Lotina. Inclusive, un gran profesional como Xurxo Souto dicíame; "hai adestradores que morren coas botas postas", desacreditando a miña crítica (hoxe casi unánime) sobre Lotina.
Por outra banda, non creo que Lotina sexa mala persoa, pero de agora en adiante, vóuno ter como un pésimo profesional. Motivos? xa non só por provocar un descenso con xente coma Aranzubia de porteiro, Lopo e Colotto de centrais, Rubén e Valerón no medio e Adrián arriba, senón por marcharse como o fixo. Ler un comunicado, para o meu ver, esteril. Sen unha bágoa. E dicindo que arría, que tiña a decisión tomada fai tempo. Eu, se teño unha decisión tomada fai tempo, non aguanto unha situación ata o final, non quero nin podo sacrificarme nalgo no que verdadeiramente non estou comprometido porque quero cambiar de aires. Marcho e punto. Pero Lotina non, tivo que aguantar algo que non quería... penoso.
Ah, que se esquencía. Non podes descender no último partido de liga e rematar o partido con só dous cambios, pero en fin.
En fin, non sei se me queda algo no tinteiro, pero bueno.
Unha aperta.

jueves, 3 de marzo de 2011

Radio Neria, facendo vibrar as ondas do mar




Podería falar do que dou a Radio Neria para a Costa da Morte. Podería falar dos persoeiros que por alí pasaron... (Fran Hermida, Marco de Cacane, Roi...) e onde acabaron. Podería abordar os eventos nos que estivo presente (O Casón, finais da Copa da Costa...). Podería falar de mil historias que farían enchernos o peito dun aire orgüioso. Dun aire que ao expirar dixera; EU TAMÉN SON RADIO NERIA. Pero non.
Coñecido é por todos a situación política de Corcubión, así como a de tódolos pobos da Costa da Morte cando falamos de un tema "mancomunado". Nestes intres de crise extrema para a ÚNICA, e repito, ÚNICA radio (e inclusive, medio de comunicación) que é libre. E con libre entendamos arbitrario. Unha radio que expón os feitos sen mollarse a favor duns ou doutros. Unha radio na que traballan "catro pelaghatos". Unha radio que ía crecendo pouco a pouco. A situación está mal, recoñezámolo. Por iso sólo pido que, tras (parece) que a xente abriu os ollos (máis de 700 personas en redes sociais) e din NON ao peche desta lexendaria radio, tómense por fin medidas importantes. Para comezar, invito a tódolos concelleiros de Corcubión para arranxar este problema técnico. Que todos (xunto cos colaboradores da Radio Neria) arrecheguen as mans e traballen polo que semella un dos únicos bens públicos e decentes que existen actualmente. Comecemos por ahí, logo sigamos e expandámonos por toda a Costa da Morte, e que (tal e como sinte a xente) tódolos concellos costimorteños poidan dicir tamén con orgüio; a Radio Neria tamén somos nós. Que todos poidamos dicir sen medo; EU TAMÉN SON RADIO NERIA.