martes, 12 de octubre de 2010

Un home, un voto


O outro día nunha clase fixéronnos unha enquisa.

- Como te consideras na vida política?: insignificante, pouco significante, algo significante, moi significante.

40% moi significante. 40% algo significante. 10% pouco significante. 10% insignificante.

Pois ben, debate. Hai que escoitar de todo, como non... Que se as persoas que se consideran insignificantes son uns desideoloxizados... que si isto, que si o outro.
Nembergantes, eu, como votante desta enquisa declaro públicamente que non vou votar nas próximas eleccións. Por qué? Éche ben sinxelo, considérome insignificante na vida política. Esta decisión xa a tiña tomada dende fai ben de tempo, non pensedes que foi a raíz desta enquisa, que de pouco me servíu (a non ser para descubrir que o 60% das rapazas da clase consideran á democracia cooperación e rivalidade á vez... xa me diredes vos...).

Son insignificante, porque como ben apuntaba un compañeiro de clase son un entre nonseicantos millóns de votantes, así que non me fagan crer a min que o meu voto importa.
Son insignificante, porque ata no meu pobo, que non chega aos 1.800 habitantes, o goberno quere facer unha praia artificial a costas da poboación e do seu rexeitamento.
Son insignificante, porque cando falo con algún político apunta na axenda o que lle propoño, a partires de aí penso que tira a axenda porque nunca se fai nada.
Son insignificante, porque nesta "democracia" nunca se convocan referéndums (que, recordemos, é o máis democratico que existe, ou polo menos o que máis se lle achega).
Son insignificante, porque hai mil exemplos históricos e presentes do pasotismo total e absoluto por parte da clase política ante a opinión da cidadanía.
Son pouco significante, porque soamentes o Estado diríxeseme cando teño que pagar algo.
E son moi significante, porque "O teu voto vale", "O teu voto conta", "Un home, un voto"...