jueves, 3 de marzo de 2011
Radio Neria, facendo vibrar as ondas do mar
Podería falar do que dou a Radio Neria para a Costa da Morte. Podería falar dos persoeiros que por alí pasaron... (Fran Hermida, Marco de Cacane, Roi...) e onde acabaron. Podería abordar os eventos nos que estivo presente (O Casón, finais da Copa da Costa...). Podería falar de mil historias que farían enchernos o peito dun aire orgüioso. Dun aire que ao expirar dixera; EU TAMÉN SON RADIO NERIA. Pero non.
Coñecido é por todos a situación política de Corcubión, así como a de tódolos pobos da Costa da Morte cando falamos de un tema "mancomunado". Nestes intres de crise extrema para a ÚNICA, e repito, ÚNICA radio (e inclusive, medio de comunicación) que é libre. E con libre entendamos arbitrario. Unha radio que expón os feitos sen mollarse a favor duns ou doutros. Unha radio na que traballan "catro pelaghatos". Unha radio que ía crecendo pouco a pouco. A situación está mal, recoñezámolo. Por iso sólo pido que, tras (parece) que a xente abriu os ollos (máis de 700 personas en redes sociais) e din NON ao peche desta lexendaria radio, tómense por fin medidas importantes. Para comezar, invito a tódolos concelleiros de Corcubión para arranxar este problema técnico. Que todos (xunto cos colaboradores da Radio Neria) arrecheguen as mans e traballen polo que semella un dos únicos bens públicos e decentes que existen actualmente. Comecemos por ahí, logo sigamos e expandámonos por toda a Costa da Morte, e que (tal e como sinte a xente) tódolos concellos costimorteños poidan dicir tamén con orgüio; a Radio Neria tamén somos nós. Que todos poidamos dicir sen medo; EU TAMÉN SON RADIO NERIA.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
¿Y el trabajo de investigación para conocer al culpable de la situación actual?
ResponderEliminarNo te quejes, llevo dos comentarios seguidos.
la culpa es de Chisco... jajajaja
ResponderEliminarJeje. Certo é que neste tema non fixen un traballo de "investigación" como dis. Pero certo é tamén que aínda non se sabe moi ben de onde provén o problema, e menos aínda a forma de tratalo. E esto último (a resolución do problema) é o que nos atinxe a todos nós (tanto colaboradores como políticos, e mesmo oíntes). E por iso pido a total colaboración de tódalas partes para paliar esta desfeita.
ResponderEliminarDous comentarios e pola mañán!! ou estabas moi aburrido ou viñas de festa, jeje