sábado, 6 de marzo de 2010

A historia dun desertor

Non sei moi ben por onde comenzar este escrito pero alá vou. Cronolóxicamente.
Era a pretempada do ano 2009-2010, estaba entre dous equipos, o Pereiriña e o da miña casa, o Corcubión. Tralo intento definitivo do adestrador do Pereiriña de ficharme, falei co "adestrador" do Corcubión para coñecer as súas intencións. As súas verbas foron que contaba comigo. Este feito, máis a posterior conversa cun directivo do Corcubión convencéndome para que quedase. Que onde ía estar mellor que na casa, cos meus amigos... Decidín quedar. Ao final as cores son as cores.
Dado estas premisas, comecei a adestrar.
A liga empezou e eu sabía que non ía a xogar moito, recoñezo que a miña pretempada non estivo ao nivel. Era xusto. Máis así, fun 2 de 3 adestramentos semanais sempre. O outro perdíao por outro compromiso máis importante. Fun conseguindo facerme un oco no equipo. Creo que merecido. Máis por chegar tarde un día ao partido non se me deu roupa de xogo (hai que ter en conta que a semana anterior outro membro do plantel fixera igual, e a posterior outro diferente tamén). A semana seguinte fun os 3 días a adestrar para demostrar que non foi xusto. A miña sorpresa e que no partido seguinte só xoguei 10 min. Evidentemente, posteriormente fun a adestrar só o venres, coa miña conseguinte saída da convocatoria. Foi nese intre no que tomei a decisión de non xogar máis as ordes de ese "adestrador".
Tentei fichar polo Pereiriña pero foi imposible pola cantidade de partidos xogados con outro equipo da mesma liga.
Voltei a adestrar en Corcubión por varios motivos. Un deles é porque pediumo dito directivo, outro, por non perder muito a forma. Vamos, adestrar por adestrar, como os veteráns, ou os amigos que non teñen que facer ese día.
Pois ben, chegamos ao punto álxido da cuestión que quero tratar.
Venres 5 de marzo de 2010. Adestramento no cal o "adestrador" do Corcubión comunica ao plantel que non pode contar cos xuvenís porque se lle negaron a xogar.
Comeza o "quecemento" (vamos, correr sen máis) e falamos do tema. Que si os xuvenís están obrigados a ir cos senior, que si a decisión final recae sobre eles... Argumentos varios, que ao meu entender todos son válidos. Pois volvendo ao conto, estaba eu falando cun amigo da cuestión, mostrando as nosas diferencias, de puta madre, con total tranquilidade. Logo comecei a falar con outra persoa do mesmo tema... e de repente... o "adestrador" fálame.
- Aínda teras máis que dicir ti oh? daráslle a razón (aos xuvenís)?
- Pois si, son os meus amigos, claro.
- Pois ti non tes nada que dicir... porque... porque ti o que eres e... eres un payaso!
- En primeiro lugar, eu a ti non che insultei. En segundo lugar... (interrúmpeme)
- Pois eu a ti si! Porque eres un payaso! porque deixastes ao equipo plantado. Porque...
Unha serie de cousas que a verdade de pouco me acordo, pouco lle atendín ao que dicía. Era algo así como un destes "payasos" de Telecinco. Ladrando sen parar.
Pois ben, esta foi a situación, creo que contada dende un punto de vista bastante obxectivo. Se non e así, por favor discutídemo.
Pois ben, logo de introducirvos no tema, estou aquí disposto a derrubar os supostos "argumentos" que emprega este "adestrador" contra min.

1) Se contas cunha persoa, conta con ela.
2) Dis que non adestraba como querías. Polo menos ía a adestrar. E se non foras a ducharte antes de que rematara os adestramentos, verías a xente de aspecto defensivo berrando nas pachangas do martes - Pasádema a min que son o mellor, son o dianteiro estrela!!-. Supoño que ese(s) si que adestra(n) como dios manda.
3) Os adestramentos que fas, que son cómo para facerche caso. Correr, balón e a xogar como vos dea a gana. Si señor. Ah, que saibas que fuches o 1º "adestrador" de fútbol que vin na miña vida que dirixira un adestramento enteiro sen balón. Repito, si señor.
4) Creo que, se non recordo mal, son "o último da fila, nin eso". Pois ben, o tempo o dirá.
5) Nunca che insultei, podo criticar, e fareino, as túas formas de facelas cousas. Pero nunca che insultei. Detalles como este din moito do tipo de persoa que eres.
6) Gran "Adestrador", que saibas que todo exercicio non e bo para o corpo. Hainos bos e malos. A túa teima das cuclillas a min, non sei ao resto, dóeme. Terén uns xeonllos febles ou o que sexa, pero o caso e que dóenme. Se me obrigas a facelo, evidentemente vas a obter un non por resposta.
7) Ti presumes de non cobrar por facer isto. Polo tanto, non exisas o nivel aos xogadores que exises, simplemente, e por si non o sabías, porque tampouco cobramos, vamos, cobran.
8) Se realmente cres que son un terrorista de equipo, por qué sigo falando co plantel sen problema ningún? Por qué sigo falando coa directiva sen problema ningún?
9) Si, fun as cenas logo de dicir que non pertencía ao equipo. Pero antes de falar documéntate. Primeiro, invitáronme, segundo, falei coa grande maioría do plantel e animáronme a ir. Eu ao principio non estaba disposto a ir. Ah, e verdade... agora recordo... tamén había xente sen ser do equipo nas cenas... curioso.
10) Se pensas que a culpa foi totalmente miña, pensa un pouco. Cavila oh, cavila. Ou non recordas que xa fomos 4 xogadores os que marchamos? Un deles fichado por ti, e outro da túa total confianza?

Como diría algún, "muito rollo chabalito"

Quero deixalo aquí.

Por favor, eu SI estou disposto a falar, se queredes comentarme algo, dicirme que non teño razón nalgo, ou calqueira cousa, por favor. Eu SI contestarei con educación, e eu NON terei rancor a ninguén que se me opoña.

6 comentarios:

  1. Xabi, falo dende dentro do equipo. Eu de tí non me preocupaba o máis mínimo, non te preocupes. O tempo pon a cada un no seu sitio e a este "adestrador" penso que pronto lle chegará o seu san martiño. Esta semana fixo o mesmo que fixo contigo con un das pezas claves do equipo, abraiante.

    Xa me da igual se ascendemos, o que quero e penso que queremos todos e divertirnos xogando o fútbol, cos meus amigos e iso xa fai anos que non o fago :( e este ano menos. Unha aperta

    ResponderEliminar
  2. Falo desde dentro do equipo e penso que hai moita xente mimada que lle da igual gañar que perder.Desde pequeniños que vos levan dicindo que sodes uns fenomenos e o final o tempo pon a xente no seu lugar. Vamos que o voso e terceira regional. Se entrenarades e tomarades esto en serio o Corcubión non taba en terceira regional!!!

    ResponderEliminar
  3. Poñede os nomes dos mimados.... e dos q falades...

    ResponderEliminar
  4. A min nunca me dixeron que fora unha estrela. Mimados, pouco, moi pouco. Ben tratados si, pero de ai a mimados...
    E se ti que falas de dentro do equipo, ti que entrenas tanto e tan ben, ti que eres mellor que os "mimados", que o noso e a terceira... Por que non ascendeu o Corcubion?

    ResponderEliminar
  5. ¿Pero q es esta mierda? Para empezar siento decir esto, pero no estoy de acuerdo con este artículo Xabi, las cosas no se debería solucionar así, escribiendolo en un blog, sinó cara a cara. Lo cierto es que no me parece bien como se te trató y espero que algún día se llegue a solucionar.

    Al que escribe desde dentro del equipo y dice que a los de Corcubión siempre nos dijeron desde pequeñitos que eramos unas estrellas... amigo, estás hablando desde dentro del equipo y por lo que se ve, mucho aprecio no le tienes, ese tb es un problema, hay gente que viene desde fuera y no aporta buen ambiente, como en tu caso. Sabes cual es tu problema, que vienes de fuera pensando q eres una estrella y ... (mejor me callo). LLevo 7 u 8 años en este equipo, y nunca, nunca vi a este equipo tan roto, y esto no es por culpa ni de directivos ni del entrenador, es culpa de nosostros, los jugadores (cierto es que este año no soy el mejor ejemplo, soy consciente que mi compromiso no fue al 100%), estos ultimos años los amiguismos están matando al equipo, en la última cena que hicimos el ambiente ya no fue el mismo.
    Estoy muy de acuerdo con Pablo en lo que se debería poner el nombre y dejarse de anónimos, pq valientes hay muchos.

    Y por último, el Corcubión está por encima de todos nosotros, ya seamos del pueblo, de fisterra o de Cuenca, por lo que este año no nos queda más que ayudarnos entre todos y hacer algo bonito en la copa, siendo por primera vez en todo este año un equipo, y dejandonos de subnormaladas.

    Como uno de los capitanes me gustaría que tanto Xabi como Pablo se juntaran con Senra y se aclarase todo, para mi eso sería una victoria

    ResponderEliminar
  6. Carlos, podo recoñecer que esta non e a maneira de solucionalas cousas. E certo. Mais eu xa lle dixen ao "adestrador" que me dixera directamente que non contaba conmigo e punto, que non anduvera con rodeos. E tamen, marchei do equipo explicandolle os meus motivos a dous directivos antes de escribir isto. Polo tanto teño a mente moi tranquila, non fixen isto para dinamitar nada nin cousa polo estilo.
    O de amañalas cousas, co actual adestrador non teño nada que amañar xa dixo el todo, e eu por aqui. Ca directiva penso que nunca tiven ningun problema. Cos xogadores, podes levarte mellor cuns que con outros, pero nunca tiven follons. Soamentes quero esperar a ver o que pasa a vindeira tempada. Se se troca de adestrador, o meu compromiso co Corcubion sera mais que sabido, se continua, tentarei fichar por outro equipo.
    Unha aperta

    ResponderEliminar