lunes, 21 de junio de 2010

A reválida selecta


Disque a reválida era moi dura. Disque estaba mal pensada. Disque nunca houbo peor invento na historia da educación. Disque era moita presión para o alumno...
Disque a selectividade é boa. Disque sirve para destacar aos "bos" (pero tamén aos "malos"). Disque demostra quen realmente aprendiu nos anos do bacharelato...
Evidentemente; 5 ou 7 exames en 3 días avalían todo un ano. Evidentemente; unha persoa que saca boas notas ten que ser á forza un bo médico (entrando en tópicos), e unha persoa que saca malas notas está destinada a carreiras "pequenas" ou, o que é moitísimo mellor, un ciclo superior daquelo que non puido estudar por non pasaren a Gran Proba, que total, "como é o mesmo".
Por que entón non prohibirlle a entrada nas carreiras "pequenas" a aquelas persoas "boas"? Non malgastémolo gran cerebro que demostrou ter na Gran Proba! Como podemos consentir que un 8 vaia a ADE e non a unha enxeñería? Un 9 en filoloxía galega e non en teleco? Nooooooon!! Que maneira de desaproveitar materia gris, filoloxía... ADE...
"Puidendo facer algo máis, vai e métese niso. Co ben que podía vivir se fixera iso."
Pois ben, non tapémolo ao lobo con fieitas, a selectividade é outro método exclusivo e de carácter competitivo. Se realmente os estados, os gobernos, os políticos, os colexios, as universidades, as empresas, etc. confiaran na xuventude como o futuro; por que limitar as prazas a unha carreira? Por que ter que pasar 7 exames en 3 días logo de cursar 2 anos preparándote para a universidade? Por que impulsar o adquirimento do coñecer cara fins únicamente laborais?
" Somos muy progres, y por eso quitamos la reválida". Pero a verdade é que todo é o mesmo, con diferente nome, pero o mesmo. Repito, non tapémolo lobo con fieitas.

2 comentarios:

  1. Xabi usted cree que le dejarían entrar en el congreso de los diputados con ese jersey?

    ResponderEliminar
  2. jeje, creo que non, pero a pregunta e; e por que non?

    ResponderEliminar